miércoles, 27 de octubre de 2010
O IMPERIO DE BIZANCIO
Caída do Imperio romano .-
No século V , os pobos bárbaros do Norte de Europa desprázanse cara ó Sur e comezan a invadir territorios do Imperio .
No ano 476 desaparece o último emperador romano e o Imperio queda dividido en reinos.
Os principias reinos foron .: visigodos ( centro e sur da Península Ibérica ) ,suevos ( Norte de Portugal e Galicia ) , francos ( Francia e centro de Europa ) , lombardos ( norte de Italia e Austria ) , bretóns e saxóns ( norte de Europa ) , vándalos ( Norte de África e sur de Europa ) ,.....
Orixes do Imperio de Bizancio .-
Despois da morte do emperador Teodosio ( ano 375 ) , o imperio romano quedou dividido en dous :
Imperio romano de Occidente, a súa capital era Roma, que se estendía por Europa e Norte de África que desaparece invadido polos pobos bárbaros ( s. V )
Imperio romano de Oriente , a súa capital era Constantinopla que hoxe se chama Istambul , que se estendeu por parte de Asia , parte de África e leste de Europa que se chamou o Imperio de Bizancio e durou ata o século XV
Xustiniano . s. VI ( 527 – 565 )
Soñou con reconstruír o antigo imperio romano .
Conquistou o Norte de África ós vándalos , Italia ós ostrogodos e o surleste de Hispania ós visigodos.
Fixo cumprir duna forma clara as leis romanas e protexeu a cultura.
Organización do Imperio de Bizancio .-
Os emperadores gobernaron cun poder absoluto . Eran considerados como persoas divinas .
O seu territorio quedou dividido en grandes territorios dirixidos por un gobernador .
A sociedade estaba organizada en varias clases sociais :
- A nobreza ; que posuía grandes propiedades agrícolas e ocupaba altos cargos na administración .
- Os comerciantes e campesiños ; que se dedicaban ó comercio de sedas ,especias ,obxectos de luxo e a agricultura respectivamente .
- Os servos e escravos ; que cultivaban as terras e traballaban nas casa para a nobreza .
A Igrexa .-
Tivo unha forte influencia e poder na sociedade bizantina.
No século VIII e IX houbo fortes enfrontamentos , pola decisión dalgúns emperadores de prohibir o culto ás imaxes relixiosas , entre defensores e destructores de imaxes ( loitas iconoclastas ) .
No s.XI , houbo unha división na igrexa cristiá ,a igrexa de oriente deixou de obedecer ó Papa pasando a obedecerlle ó patriarca de Constantinopla adoptando o nome de Igrexa Ortodoxa .
Arte .-
Arquitectura : Utilizaron o arco sostido por columnas , no exterior utilizaron ladrillo con placas de mármore e no interior mosaicos . O monumento máis importante foi a basílica de Santa Sofía
Escultura e pintura :Abordan xeralmente temas relixiosos con imaxes de Xesucristo da Virxe e dos santos .
jueves, 29 de abril de 2010
GALICIA E ESPAÑA:CLIMAS

Clima e vexetación de España..................................................
España está situada na zona temperada da terra , pero caracterízase por unha grande variedade de climas . Os máis importantes son : oceánico , mediterráneo ,continental , de montaña e canario .
Clima oceánico : esténdese polo norte de Navarra , País Vasco , Cantabria ,Asturias e Galicia . Caracterízase por precipitacións abundantes ó longo de todo o ano , invernos non moi fríos e veráns non moi cálidos . Media anual : 14º - 15º.
Vexetación : Bosque caducifolio ( de folla caduca ) formado por castiñeiros , carballos ,faias e badueiras .
Fauna : lobo , raposo , xabaril e unha extensa variedade de aves.
Clima mediterráneo :esténdese pola zona sur e leste de España ( Cataluña Baleares, País Valenciano , Murcia , sur de Andalucía , Ceuta , Melilla e parte de Estremadura . Caracterízase por veráns cálidos e invernos temperados con medias anuais de 18º - 20º , poucas precipitacións sendo as máis abundantes a finais do verán .
Vexetación :Bosque perenniforme ( piñeiro , aciñeira , sobreira , oliveira e plantas olorosas como o esplego , a lavanda , o romeo ,...)
Fauna : raposo , lince , gato montes e variedade de aves .
Clima continental :esténdese polo centro da Península ( Castela – León , Madrid , Castela – A Mancha , sur de Aragón , sur de Navarra , parte de Estremadura ,...) . Caracterízase polos veráns cálidos e os invernos fríos precipitacións a finais do verán pero escasas no conxunto do ano .
Vexetación :piñeiro , mato baixo , olmo ,chopo e algúns abetos .
Fauna :aves rapaces , raposo ,lobo , coello , lebre......
Clima de montaña : esténdese polos Perineos ,serra Nevada ,cordilleira Cantábrica ,.... .Caracterízase por veráns fresco e invernos moi fríos sendo as precipitacións en forma de neve .
Vexetación : abetos e matos.
Fauna :voitre , aves rapaces , oso , rebeco , cabra montesa ,...
Clima canario : esténdese polas Illas Canarias . Caracterízase por unha temperatura semellante durante todo o ano cunha media de 20º - 21º e escasas precipitacións .
Vexetación : piñeiro canario , drago e mato baixo .
Fauna : diversas especies de aves
http://www.youtube.com/watch?v=Uoj0TEVr6dM
Clima e vexetación de Galicia...................................................
Galicia está situada no cornello noroeste da Península Ibérica ,polo tanto o clima en xeral pódese considerar oceánico pero con variantes :
Oceánico húmido :pola zona costeira con abundantes precipitacións e temperaturas máis suaves .
Oceánico continental : polo interior de Lugo , Ourense , Pontevedra e A Coruña con invernos máis fríos e veráns máis cálidos .
Oceánico mediterráneo : nos vales do río Sil e río Miño no sur da provincia de Lugo e parte leste de Ourense con veráns quentes e con menos chuvias
Oceánico de montaña :nos Ancares , serra da Queixa e serra do Eixe no límite con Asturias , León e Zamora con invernos fríos e precipitacións en forma de neve
Vexetación : destacan as árbores de folla caduca ( bidueiro , amieiro ,freixo , castiñeiro , carballo , pradairo ,.....) ,matos nos que abunda o toxo , a xesta , carqueixa ,.... . Ultimamente pola acción do home aparecen os piñeiros e eucaliptos empregados para explotación da madeira .
Fauna :
• Aves : pegas , corvos ,aguias rateiras carrizos , pombos , bubelas ,.....
• Roedores : coellos , ratos , ...
• Mamíferos : raposos , xabarís , lobos , corzos , ........
• Réptiles :lagarto , víbora , cobra común , píntega ,......
http://www.youtube.com/watch?v=6UzO6_VH1Vw
martes, 23 de marzo de 2010
O MUNDO ANTIGO : ROMA
1. Eneas , heroe da guerra de Troia de onde fuxiu levándose os deuses da cidade e chegou a Italia onde casou coa filla do rei de Latio e quedou nomeado rei .
2. Rómulo e Remo , netos do rei Numitor , foron abandonados no río Tíber polo seu tío , que pretendía o trono , pero salváronse milagrosamente das augas e unha loba aleitounos . Xa de maiores quixeron fundar unha cidade onde se salvaran e consultaron ós deuses que nomearon rei a Rómulo que trazou o primeiro recinto da cidade cun arado tirado por bois e no lugar onde levantaba o arado irían as portas da cidade . Remo saltou a muralla simbólica e Rómulo matouno , quedando como rei único .
3. Desde o punto de vista histórico , a orixe pode estar na unión de varias aldeas , desde aí o dominio da cidade vaise estendendo pola Península Itálica . Coa fundación da cidade comeza unha historia de 12 séculos . Roma conquistou a Península Itálica e toda a beira do Mediterráneo .Etapas no goberno de Roma .
- Na primeira etapa era unha monarquía aconsellada por un senado e unha Asemblea popular .
- No s. VI a. de C. instaurouse a República formada por polas asembleas populares formadas por un conxunto de cidadáns , o Senado composto por 300 das crases nobres e os maxistrados ( cónsules e censores ) , que exercían as funcións de xustiza e fachenda .

Sociedade romana durante a República
.- A sociedade romana estaba constituída por dous grupos :
• Os patricios , que formaban a crase privilexiada , posuían a maior parte das terras e desempeñaban os cargos máis importantes .
• Os plebeos , que formaban a maior parte da poboación ,eran pequenos comerciantes , artesáns e pequenos propietarios agrícolas , tiñan poucos dereitos e pagaban impostos . Isto provocou enfrontamentos entre as dúas crases , o que trouxo como consecuencia que o Senado creara novos maxistrados , o tribunos da plebe ,que tiñan como misión velar polos intereses dos plebeos.
A muller na Roma antiga .- Non tiñan dereitos políticos , estaban baixo o dominio dos homes , o home decidía o que facer cos fillos , eran casadas polos pais pero podían divorciarse.
Expansión de Roma .-
• Instaláronse en toda a Península Itálica , despois de derrotar ós galos no Norte , latinos no Centro e ós gregos no Sur.
• Durante os s. III e II a. de C. , Roma logrou dominar todo o Mediterráneo despois de derrotar ós cartaxineses nas Guerra Púnicas .( ver páx 197 )
• Nos s. II e I a. de C. co Octavio César Augusto e Tráxano o Imperio romano alcanza a súa máxima expansión , e dividido en provincias que pagaban impostos a Roma . ( ver mapa páx. 200 ) .
• No s. III d. de C. debido as loitas internas o imperio sufriu unha profunda crise , as cidades empobrecéronse ,as fronteiras fixéronse máis inseguras pola presión dos pobos bárbaros o que fixo que o estado e o comercio se empobrecese.
• No s. V á morte do emperador Teodosio o Imperio quedou dividido en dous : Imperio Romano de Occidente , a súa capital seguía a ser Roma e o Imperio Romano de Oriente con capital en Constantinopla ( hoxe Istambul )
• Durante o s. V de C. ,os pobos chamados “bárbaros” ( estranxeiros ) polos romanos ( visigodos , ostrogodos , suevos , francos , alanos , vándalos ,...) aproveitaron a debilidade do Imperio e foron asentándose nos seus territorio ata conquistalo o que fixo que fose deposto o último emperador . Así rematou o Imperio Romano de Occidente . ( Ver mapa páx202 e 203) O Imperio Romano de Oriente duraría 1000 anos máis.
Relixión en Roma .- Os romanos eran politeístas ,tiñan deuses para as actividades da vida ós que lles construían templos , facíanlles ofrendas e consultábanlle cousas da vida ( augurios ) . Moitos destes deuses eran de procedencia grega co nome cambiado . Ex : Xúpiter por Zeus , Venus por Afrodita , Vulcano por Hefesto, Baco por Dioniso ,..... ( ver páx. 219) Outros son de procedencia oriental . Ex: Cibeles , Mercurio ,... No s. VIII da época romana xurde unha relixión monoteísta no Oriente Medio , o Cristianismo . Esta relixión foi estendida por todo o Imperio polos discípulos de Xesucristo e no s. II d. de C. xa estaba estendida por todo o Imperio . Esta relixión foi moi perseguida por algúns emperadores ( Calígula, Nerón , Diocleciano ...) porque non aceptaban o culto ó emperador e considerábana un perigo para o Imperio . No s. IV foi declarada relixión oficial polo emperador Constantino.
Economía de Roma .-
• Agricultura : cultivos de trigo , vide , oliveira , hortalizas e froitas . Utilizaron técnicas de regadío coma encoros e instrumentos como o arado e muíños .
• Gandería :cría de ovellas ,cabras ,vacas e cabalos .
• Industria : elaboración de cerámica , obxectos de vidro ,fabricación de armas , industria téxtil e construcción de edificios e vías .
• Minería : as minas estaban traballadas por escravos , utilizaron técnicas novas . As principias minas eran de :cobre , prata ,ouro , chumbo e ferro.
• Comercio : Utilizaron unha rede comercial a través do Mediterráneo o que obrigou a construír unha rede de portos . Para o comercio por terra , construíron unha serie de vías ou calzadas que unían todo o territorio e servían tamén para o transporte militar. Traían productos agrícolas das provincias exportaban de Roma productos industriais. Utilizaron un sistema monetario.
Foro romano .- Era o centro máis importante da vida romana . Nas primeiras épocas estaba destinado a feiras e mercados e a negocios pero desde o s.II transformouse porque se construíron templos, pórticos , arcos de triunfo , columnas conmemorativas e residencias para estranxeiros . Tamén había tribunais ,asembleas do pobo de Roma , sesións do Senado , execucións públicas e desfiles militares.
Obras públicas .-
Os acueductos e viaductos; eran canles de auga que se levaban ás minas , ás cidades,..... .Cando tiñan que salvar desniveis construían pontes por onde pasaba a auga .
Os sumidoiros ; debido á grande cantidade de habitantes dalgunha cidade , foi necesario facer un sistema de evacuación de augas residuais.
Os portos ; debido a cantidade de comercio a través do Mediterráneo foi necesario a construcción de portos con diques ,faros e almacéns . O máis importante foi o de Ostia preto de Roma.
Vías e calzadas ; que serviron para establecer unha rede de comercio por terra e tamén para o transporte de soldados e material militar.
Murallas ; as cidades que eran prazas militares foron fortificadas para a súa protección en caso de ataque.
Div
ersión na antiga Roma.- O teatro ; facíanse representacións ó aire libre de traxedias , comedias e relacionadas coas victorias militares . Baseábase no teatro grego .
As termas ; Eran baños públicos . Tiñan sas para baños quentes e fríos , para reunións , para masaxes , xardíns para pasear , .... Os homes e as mulleres tiñan dependencias distintas.
Os anfiteatros ; eran de forma circular ou ovalada . Estaban destinados as loitas entre gladiadores , gladiadores con feras ou feras entre si . Había tamén escola de gladiadores , lugar para gardar as feras e almacéns.
Cultura romana .-
Letras ; o latín ,que era a lingua falada polos romanos ,deu orixe posteriormente a outras linguas chamadas romances ou románicas : italiano , francés , galego , catalán , castelán ,.... Tamén tivo importancia o dereito romano ( código civil romano ) que aínda hoxe se estudia nas universidades
Arquitectura ; Utilizan o arco e a bóveda e columnas como adornos no seus edificios . A maior parte dos edificios eran de planta rectangular ( ver páx 220- 223)
Escultura e pintura ; as manifestacións escultóricas son o retrato e o relevo histórico para reproducir feitos históricos . Tamén destacan os arcos de triunfo , as estatuas e as columnas Atopáronse pinturas e mosaicos en moitos pazos , este último na decoración de paredes e chans.
Os romanos na Península Ibérica .-
Chegaron á Península Ibérica no s. III a. de C. e despois de someter a resistencia dos pobos celtiberos que había na Península , conseguiron dominala no s.I a. de C. ( ver páx 232 )
Chamáronlle , Hispania Dividiron a Península en provincias ( ver páx 2o1) e trazaron unha rede de calzadas que lles serviron para desprazar as lexións e para levar as abundantes materias primas cara a Roma ( páx. 211).
A parte NO da Península ata a desembocadura do río Douro , chamáronlle Gallaecia e dividírona en tres demarcacións territoriais chamadas , conventos : Conventus Lucensis cuxa capital era Lucus Augusta ( Lugo ) , Conventus Asturum cuxa capital era Astúrica Augusta ( Astorga ) e Conventus Bracaraugustanus , capital Braccara Augusta ( Braga )
Durante a súa estancia en Galicia cambiaron a forma de vida , ata esa época os habitantes vivían en castros , para asentarse nas chairas e beiras dos ríos.
Tamén trouxeron moedas que utilizaban no intercambio e utilizaban lápidas funerarias nas que pedían a protección dos deuses para os seus mortos , que foron asimiladas polos habitantes que vivían en Galicia .
Consultar:"Sociais"1º E.S.O.-Baía Edicións A Nosa Terra
O MUNDO ANTIGO : GRECIA
AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS

As máis importantes son :
• A civilización exipcia ,en torno ó río Nilo ,en África .
• A civilización mesopotámica , entre os ríos Tigris e Éufrates , no sudoeste asiático .
• A civilización india , ó sur de Asia , á beira dos ríos Indo e Ganxes
• A civilización chinesa ,xunto ós ríos Amarelo e Azul , ó leste de Asia .
A CIVILIZACIÓN EXIPCIA........................................
http://www.youtube.com/watch?v=oVQVhTqjSRc&feature=fvw
VIDA
Dedicábanse á agricultura e utilizaban canles para o regadío e animais para as labores agrícolas .Os principias cultivos eran : os cereais, vide e legumes .
Tamén se dedicaban á gandería coa cría de ovellas e a artesanía de cerámica e vidro principalmente
SOCIEDADE
O rei ou faraón ; era a máxima autoridade militar e relixiosa , vivía nun pazo e dirixía o exército .
Os nobres e sacerdotes ; posuían grandes propiedades e desempeñaban cargos importantes na administración . Os sacerdotes encargábanse de coidar os templos e manter o culto .
Os comerciantes e os escribas ; estes últimos recibían ensinanza e ocupaban cargos na administración
Os campesiños ; cultivaban as terras das crases ricas, colaboraban na construcción de pirámides e formaban parte do exército
RELIXIÓN
Eran politeístas , adoraban ós deuses en templos.
Adoraban ó río Nilo e as vacas ,gatos e crocodilos
Crían na vida despois da morte , pero a alma tiña que ir unida ó corpo por iso momificaban os cadáveres e os gardaban en sarcófagos.
CULTURA E ARTE
Utilizan un tipo de escritura , ( xeroglífica ) , que representa o significado das palabras mediante figuras ou símbolos escritos en follas de papel chamados ,papiros .
Destacan as pirámides ,que eran tumbas onde se enterraban os faraóns .
Os templos de grandes dimensións , dedicados ós deuses
As estatuas , que representaban figuras de faraóns e de deuses duna forma ríxida coas mans pegadas ó corpo
Pinturas,que decoraban as tumbas e representan escenas da vida real.

A CIVILIZACIÓN MESOPOTÁMICA...
VIDA
A maior parte da súa poboación era campesiña . Alimentábanse de pan ,legumes ,hortalizas e carnes de porco e ovella.
As tarefas do campo marcaban a vida diaria ó longo do ano.
SOCIEDADE
Cada cidade-estado estaba dirixido por un patesi ou príncipe-sacerdote ,que era a máxima autoridade .
O patesi coordinaba todas as actividades desde o seu pazo e co tempo adoptou o título de rei.
Detrás do patesi , estaban os funcionarios altos ( nobres , sacerdotes ) que administraban as posesións do templo e recadaban impostos .
A crase intermedia formábana os comerciantes e funcionarios entre os que destacaban os escribas.
Os campesiños e os artesáns formaban a crase baixa .
Os escravos non tiñan dereitos e facían os peores traballos
RELIXIÓN
Eran politeístas ,adoraban a moitos deuses que representaban con formas humanas.
Cada deus tiña o seu templo , que eran consideradas coma as súas casas na Terra .
Os templos estaban dirixidos por sacerdotes ,que administraban as súas riquezas e dirixían o culto .
Os deuses recibían sacrificios de animais e prácticas máxicas.
ARTE E CULTURA
Utilizaban na construcción adobe e ladrillo que cubrían de placas de cerámica , porque a pedra era moi escasa .
As principias obras de arquitectura foron : os pazos ,que estaban rodeados de murallas e torres e os cigurats , que son construccións sagradas en forma de pirámide .
Utilizaron un tipo de escritura chamada cuneiforme ,que consistía nuns símbolos en forma xeométrica que se escribían cunha cana sobre unhas taboíñas de barro.
Con este tipo de escritura elaboraron un conxunto de leis , chamado o Código de Hammurabi .
CULTURAS MEDITERRÁNEAS........................................

http://www.youtube.com/watch?v=1kWvfmUkB7U
1. CIVILIZACIÓN CRETENSE
Atópase no Mediterráneo Oriental na illa de Creta .
Dedicáronse ó comercio polo Mediterráneo , exportaban cerámica e importaban minerais : estaño e cobre.
Tiñan unha deusa da fertilidade e adoraban ó touro.
No 1500 a. de C. un volcán destruíu a illa e rematou a civilizacións

2. CIVILIZACIÓN FENICIA
http://www.youtube.com/watch?v=XweUVighqwM
Vivían nas costas do Mediterráneo Oriental , no que fundaron unha serie de cidades ( Cádiz , Sidón ,Cartago,...) .
Dedicábanse ó comercio , vendían tecidos e perfumes e mercaban metais , peles e escravos .
Inventaron a escritura alfabética ,que máis tarde sería aplicada por gregos e romanos .
http://www.youtube.com/watch?v=UhgEQH325kc3. CIVILIZACIÓN ETRUSCA
Situada no que é agora a Italia .
Foron moi bos comerciantes ,e na súa cultura destacaron a música e a danza.
http://www.youtube.com/watch?v=776StGZxDnU4 . CIVILIZACIÓN HEBREA
Eran nómadas e vivían do pastoreo e estaban dirixidos por patriarcas como Abraham e Moisés que os dirixiu a Palestina .
Os seus reis máis famosos foron : David , que estableceu a capital en Xerusalén ,e Salomón.
Cren nun só deus que se chama Iahvé.
A PREHISTORIA

Paleolítico : que comprende desde a aparición do home na Terra fai 2.500.000 anos aproximadamente ata hai uns 12000 anos coa aparición da agricultura .
Neolítico : que comprende desde a aparición da agricultura fai aproximadamente 12.000 anos ata a aparición da escritura fai uns 5000 anos .
Historia : estudia os feitos e a vida da humanidade desde a aparición da escritura ata hoxe. Divídese en catro etapas :
Idade Antiga : que comprende desde a aparición da escritura fai 5000 anos ata a caída do Imperio Romano de Occidente no s.V d. C.
Idade Media : que comprende desde a caída do Imperio Romano no s. V d. C. ata o descubrimento de América no s.XV d. C.
Idade Moderna : que comprende desde o descubrimento de América no s. XV d. C ata a Revolución Francesa no s.XVIII d.C
Idade Contemporánea : que comprende desde a Revolución Francesa no s. XVIII d. C. ata hoxe .
O PALEOLÍTICO.........................................................................................................
1. Vida :
Nas primeiras épocas alimentábanse de froitos salvaxes e raíces .
Máis tarde descobren a caza e pesca .
Nas primeiras épocas ían espidos pero máis tarde utilizan a pel dos animais para cubrirse .
Fabricaban utensilios de óso ,pedra e madeira para cazar .
Utilizan os primeiros machados de pedra moi pouco perfeccionados ( pedra tallada ) , para cortar carne e triturala .
Descobren o lume que lles serve para quentarse ,dominar outras tribos e abrandar os alimentos .
Comezan fai 90.000 anos a soterrar os mortos , ós que lles rendían culto .
Aparecen nas covas que habitaban unha serie de pinturas relativas á caza ( pinturas rupestres )
2. Vivenda :
Son nómadas non teñen vivenda fixa ,habitan covas e refuxios naturais e desprazánse dun lugar a outro en percura de comida .
Ó remate do Paleolítico fan as primeiras chozas con paos , xestas e peles de animais.
O NEOLÍTICO..................................................................................................................
1. Vida :
Descobren a agricultura aínda que seguen a practicar a caza .
Inventan arados de madeira e instrumentos de labranza .
Perfeccionan machadas e instrumentos para cortar ( pedra pulida )
Domestican animais que lles serven para axudarlles nas tarefas agrarias .
Tecen vestidos .
Inventan a roda .
Comezan a almacenar colleitas e a facer vaixelas de barro e outros obxectos .
Inventan o arado tirado por animais e o muíño de man .
Descobren a minería .Primeiro o cobre e o ouro que o utilizarían para adobíos , máis tarde o bronce ,utilizado para facer obxectos para almacenar cultivos e o ferro ,que serviu para utensilios de labranza e armas .
2. Vivenda :
O home convertese en sedentario , establécese nun sitio fixo .
Contrúe a súa propia vivenda e vive en pequenos poboados ou aldeas e utiliza para a vivenda os materiais da zona.
3. Monumentos megalíticos :
Monumentos de pedra grandes dedicados unhas veces como monumentos funerarios e outras veces como culto ás forzas da natureza . Os máis importantes son:
• Menhir : Pedra grande chantada no chan .
• Crómlech : Menhires colocados en círculo .
• Dolmens : Pedras verticais tapadas por outras horizontais , dedicadas a enterrar os mortos .
• Sepulcros de corredor : dedicados a enterramentos colectivos .
• Mamaos ,medorras ou medoñas :que tiñan no interior unha cámara funeraria
CULTURA CASTREXA..........................................................................................
lunes, 15 de marzo de 2010
A ATMÓSFERA E OS CLIMAS

A Atmosfera .- Capa gasosa que envolve a Terra . Está composta por unha serie de gases : nitróxeno , osíxeno , dióxido de carbono , ozono e vapor de auga.
Capas da atmosfera .- A atmosfera divídese en capas :
Troposfera : capa máis baixa cunha anchura de 10 a 15 qms . Nela atópase o osíxeno , o dióxido de carbono e prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: choiva , vento,...
Estratosfera : capa que está entre os 12 e os 50 qms . Nela atópase a capa de ozono , que nos protexe das radiacións solares.
Termosfera : formadas por subcapas como : a ionosfera e a exosfera , que serve de filtro solar e serve para distribuír o calor e a humidade polo planeta .
Tempo e clima .-
1. Tempo atmosférico : Estado da atmosfera nun lugar e momentos determinados e que pode cambiar dun día para outro . Exemplo : o día que fai hoxe.
2. Clima : Situación meteorolóxica dun país ó longo de anos . Exemplo :o clima de Galicia que é atlántico.
Os elementos do clima son :
- Temperaturas : expresa a cantidade de calor que posúe o aire .Mídese co termómetro e nos mapas coas isotermas , que unen puntos coa mesma temperatura .
- Precipitacións :Cantidade de auga ( choiva , neve , sarabia ,... ) que cae nun lugar . Mídese co pluviómetro e represéntanse nun mapa coa isohietas , que unen puntos coas mesmas precipitacións.
- Presión atmosférica :Peso do aire sobre un punto da Terra expresado en milibares. Mídese co barómetro e represéntase nun mapa coas isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica . As altas presións chámanse anticiclóns e as baixas borrascas.
- Ventos : Masa de aire en movemento . A súa velocidade mídese co anemómetro e a súa dirección co viraventos.As masas de aire circulan pola atmosfera dando lugar a cambios de temperatura e de tempo .
- Humidade :Cantidade proporcional de vapor de auga que hai na atmosfera. Mídese co higrómetro
Clases de climas .............................................
Climas cálidos : localízanse na zona da Terra entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio . Teñen temperaturas altas e moita insolación .Os máis importantes son:
Clima ecuatorial
- Sitúase en torno ó ecuador, as súas temperaturas son elevadas cunha media arredor dos 25º
- Abundantes precipitacións .
- Unha estación única calorosa durante todo o ano
- A súa vexetación é a selva que está formada por unha masa enorme de árbores
- Ten unha fauna moi variada ( aves , primates ,réptiles de gran tamaño , insectos ,...)
Clima tropical
- Esténdense desde os límites do clima ecuatorial ata os trópicos.
- Ten dúas estacións : unha chuviosa e outra seca , abundantes precipitacións e altas temperaturas .
- A sabana e a xungla é a vexetación máis representativa. Vai diminuíndo a vexetación canto máis nos afastamos do ecuador , dando lugar a altas herbas.
- A fauna é variada , destacan : león ,cebra ,xirafa e gran cantidade de roedores e insectívoros.
Clima desértico
- Localízase nas proximidades nas proximidades dos Trópicos de Cancro E Capricornio.
- Caracterízase por escasas precipitacións.
- Polo día forte calor e pola noite temperaturas baixas.
- A vexetación é escasa , destacan :matos e cactos.
- A súa fauna é escasa , destacan :pequenos roedores , víboras,e algunhas aves.
Climas temperados: Esténdense entre os Círculos Polares e os trópicos. Destacan a diferencia de temperaturas entre as estacións .Os máis importantes son :
Clima mediterráneo
- Localízase na franxas marítimas de América , sur de Europa e Norte de África .
- Os invernos son moi suaves e os veráns cálidos.
- As precipitacións son irregulares e máis abundantes no inverno .
- A vexetación máis común son : árbores de folla perenne ( aciñeira , sobreira , piñeiro ) e plantas aromáticas ( romeo ,lavanda, esplego )
- Na fauna destacan : corzos,xabarís , lobos , raposos ,....
Clima oceánico
- Esténdese polas rexións costeiras , oeste de América e parte oeste de Europa( norte da Península Ibérica , norte e oeste de Francia Reino Unido....)
- Destaca pola abundancia de precipitacións ó longo do ano e veráns temperados e invernos non moi fríos.
- A súa vexetación destaca pola abundancia de árbores de folla caduca ( carballos , faias , castiñeiros , salgueiros ,...)
- Na fauna destacan :corzos ,xabarís , lobos,raposos..
Clima continental
- Localízase no interior dos continentes (centro leste de Europa e centro de Asia....)
- Destacan os veráns cálidos e invernos fríos e precipitacións moderadas sobre todo ó final do verán
- A vexetación máis abundante é o bosque boreal ( piñeiros , abetos , bidueiros ,...)e as praderías e estepas.
- Na fauna destacan : aves , raposos,londras , renos..
Climas fríos :Esténdense polas zonas de alta montaña e pola proximidade ós Círculos Polares.
- Destacan polas temperaturas moi frías de inverno ( -30º ou máis) e frías no verán .
- As precipitacións son escasas e en forma de neve.
- A vexetación típica é a tundra ( mofos , liques e plantas de baixo crecemento )
- Na fauna destacan :osos polares ,pingüíns , aves , cabras montesas,..
http://www.youtube.com/watch?v=JL82raPWj3Y
Twitter
Facebook
Flickr
RSS
