SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste

martes, 23 de marzo de 2010

O MUNDO ANTIGO : ROMA

Orixes .- Hai tres teorías sobre a orixe da cidade de Roma que máis tarde deu lugar a un gran imperio . Para isto situámonos no s. VIII a. de C.,e veremos dúas teorías míticas e unha máis real :
1. Eneas , heroe da guerra de Troia de onde fuxiu levándose os deuses da cidade e chegou a Italia onde casou coa filla do rei de Latio e quedou nomeado rei .
2. Rómulo e Remo , netos do rei Numitor , foron abandonados no río Tíber polo seu tío , que pretendía o trono , pero salváronse milagrosamente das augas e unha loba aleitounos . Xa de maiores quixeron fundar unha cidade onde se salvaran e consultaron ós deuses que nomearon rei a Rómulo que trazou o primeiro recinto da cidade cun arado tirado por bois e no lugar onde levantaba o arado irían as portas da cidade . Remo saltou a muralla simbólica e Rómulo matouno , quedando como rei único .





3. Desde o punto de vista histórico , a orixe pode estar na unión de varias aldeas , desde aí o dominio da cidade vaise estendendo pola Península Itálica . Coa fundación da cidade comeza unha historia de 12 séculos . Roma conquistou a Península Itálica e toda a beira do Mediterráneo .

Etapas no goberno de Roma .
- Na primeira etapa era unha monarquía aconsellada por un senado e unha Asemblea popular .
- No s. VI a. de C. instaurouse a República formada por polas asembleas populares formadas por un conxunto de cidadáns , o Senado composto por 300 das crases nobres e os maxistrados ( cónsules e censores ) , que exercían as funcións de xustiza e fachenda .















Sociedade romana durante a República
.- A sociedade romana estaba constituída por dous grupos :
Os patricios , que formaban a crase privilexiada , posuían a maior parte das terras e desempeñaban os cargos máis importantes .
Os plebeos , que formaban a maior parte da poboación ,eran pequenos comerciantes , artesáns e pequenos propietarios agrícolas , tiñan poucos dereitos e pagaban impostos . Isto provocou enfrontamentos entre as dúas crases , o que trouxo como consecuencia que o Senado creara novos maxistrados , o tribunos da plebe ,que tiñan como misión velar polos intereses dos plebeos.

A muller na Roma antiga .- Non tiñan dereitos políticos , estaban baixo o dominio dos homes , o home decidía o que facer cos fillos , eran casadas polos pais pero podían divorciarse.

Expansión de Roma .-
• Instaláronse en toda a Península Itálica , despois de derrotar ós galos no Norte , latinos no Centro e ós gregos no Sur.
• Durante os s. III e II a. de C. , Roma logrou dominar todo o Mediterráneo despois de derrotar ós cartaxineses nas Guerra Púnicas .( ver páx 197 )
• Nos s. II e I a. de C. co Octavio César Augusto e Tráxano o Imperio romano alcanza a súa máxima expansión , e dividido en provincias que pagaban impostos a Roma . ( ver mapa páx. 200 ) .
• No s. III d. de C. debido as loitas internas o imperio sufriu unha profunda crise , as cidades empobrecéronse ,as fronteiras fixéronse máis inseguras pola presión dos pobos bárbaros o que fixo que o estado e o comercio se empobrecese.
• No s. V á morte do emperador Teodosio o Imperio quedou dividido en dous : Imperio Romano de Occidente , a súa capital seguía a ser Roma e o Imperio Romano de Oriente con capital en Constantinopla ( hoxe Istambul )
• Durante o s. V de C. ,os pobos chamados “bárbaros” ( estranxeiros ) polos romanos ( visigodos , ostrogodos , suevos , francos , alanos , vándalos ,...) aproveitaron a debilidade do Imperio e foron asentándose nos seus territorio ata conquistalo o que fixo que fose deposto o último emperador . Así rematou o Imperio Romano de Occidente . ( Ver mapa páx202 e 203) O Imperio Romano de Oriente duraría 1000 anos máis.


Relixión en Roma .- Os romanos eran politeístas ,tiñan deuses para as actividades da vida ós que lles construían templos , facíanlles ofrendas e consultábanlle cousas da vida ( augurios ) . Moitos destes deuses eran de procedencia grega co nome cambiado . Ex : Xúpiter por Zeus , Venus por Afrodita , Vulcano por Hefesto, Baco por Dioniso ,..... ( ver páx. 219) Outros son de procedencia oriental . Ex: Cibeles , Mercurio ,... No s. VIII da época romana xurde unha relixión monoteísta no Oriente Medio , o Cristianismo . Esta relixión foi estendida por todo o Imperio polos discípulos de Xesucristo e no s. II d. de C. xa estaba estendida por todo o Imperio . Esta relixión foi moi perseguida por algúns emperadores ( Calígula, Nerón , Diocleciano ...) porque non aceptaban o culto ó emperador e considerábana un perigo para o Imperio . No s. IV foi declarada relixión oficial polo emperador Constantino.


Economía de Roma .-
Agricultura : cultivos de trigo , vide , oliveira , hortalizas e froitas . Utilizaron técnicas de regadío coma encoros e instrumentos como o arado e muíños .
Gandería :cría de ovellas ,cabras ,vacas e cabalos .
Industria : elaboración de cerámica , obxectos de vidro ,fabricación de armas , industria téxtil e construcción de edificios e vías .
Minería : as minas estaban traballadas por escravos , utilizaron técnicas novas . As principias minas eran de :cobre , prata ,ouro , chumbo e ferro.
Comercio : Utilizaron unha rede comercial a través do Mediterráneo o que obrigou a construír unha rede de portos . Para o comercio por terra , construíron unha serie de vías ou calzadas que unían todo o territorio e servían tamén para o transporte militar. Traían productos agrícolas das provincias exportaban de Roma productos industriais. Utilizaron un sistema monetario.
Foro romano .- Era o centro máis importante da vida romana . Nas primeiras épocas estaba destinado a feiras e mercados e a negocios pero desde o s.II transformouse porque se construíron templos, pórticos , arcos de triunfo , columnas conmemorativas e residencias para estranxeiros . Tamén había tribunais ,asembleas do pobo de Roma , sesións do Senado , execucións públicas e desfiles militares.


Obras públicas .-
Os acueductos e viaductos; eran canles de auga que se levaban ás minas , ás cidades,..... .Cando tiñan que salvar desniveis construían pontes por onde pasaba a auga .
Os sumidoiros ; debido á grande cantidade de habitantes dalgunha cidade , foi necesario facer un sistema de evacuación de augas residuais.
Os portos ; debido a cantidade de comercio a través do Mediterráneo foi necesario a construcción de portos con diques ,faros e almacéns . O máis importante foi o de Ostia preto de Roma.
Vías e calzadas ; que serviron para establecer unha rede de comercio por terra e tamén para o transporte de soldados e material militar.
Murallas ; as cidades que eran prazas militares foron fortificadas para a súa protección en caso de ataque.


Diversión na antiga Roma.-
O teatro ; facíanse representacións ó aire libre de traxedias , comedias e relacionadas coas victorias militares . Baseábase no teatro grego .
As termas ; Eran baños públicos . Tiñan sas para baños quentes e fríos , para reunións , para masaxes , xardíns para pasear , .... Os homes e as mulleres tiñan dependencias distintas.
Os anfiteatros ; eran de forma circular ou ovalada . Estaban destinados as loitas entre gladiadores , gladiadores con feras ou feras entre si . Había tamén escola de gladiadores , lugar para gardar as feras e almacéns.


Cultura romana .-
Letras ; o latín ,que era a lingua falada polos romanos ,deu orixe posteriormente a outras linguas chamadas romances ou románicas : italiano , francés , galego , catalán , castelán ,.... Tamén tivo importancia o dereito romano ( código civil romano ) que aínda hoxe se estudia nas universidades
Arquitectura ; Utilizan o arco e a bóveda e columnas como adornos no seus edificios . A maior parte dos edificios eran de planta rectangular ( ver páx 220- 223)
Escultura e pintura ; as manifestacións escultóricas son o retrato e o relevo histórico para reproducir feitos históricos . Tamén destacan os arcos de triunfo , as estatuas e as columnas Atopáronse pinturas e mosaicos en moitos pazos , este último na decoración de paredes e chans.

Os romanos na Península Ibérica .-

Chegaron á Península Ibérica no s. III a. de C. e despois de someter a resistencia dos pobos celtiberos que había na Península , conseguiron dominala no s.I a. de C. ( ver páx 232 )

Chamáronlle , Hispania Dividiron a Península en provincias ( ver páx 2o1) e trazaron unha rede de calzadas que lles serviron para desprazar as lexións e para levar as abundantes materias primas cara a Roma ( páx. 211).

A parte NO da Península ata a desembocadura do río Douro , chamáronlle Gallaecia e dividírona en tres demarcacións territoriais chamadas , conventos : Conventus Lucensis cuxa capital era Lucus Augusta ( Lugo ) , Conventus Asturum cuxa capital era Astúrica Augusta ( Astorga ) e Conventus Bracaraugustanus , capital Braccara Augusta ( Braga )

Durante a súa estancia en Galicia cambiaron a forma de vida , ata esa época os habitantes vivían en castros , para asentarse nas chairas e beiras dos ríos.


Tamén trouxeron moedas que utilizaban no intercambio e utilizaban lápidas funerarias nas que pedían a protección dos deuses para os seus mortos , que foron asimiladas polos habitantes que vivían en Galicia .

Consultar:"Sociais"1º E.S.O.-Baía Edicións A Nosa Terra

O MUNDO ANTIGO : GRECIA



HISTORIA

Situación.- Grecia está situada no sur de Europa , entre o Mar Exeo e o Mar Xónico , na Península Balcánica con abundancia de sistemas montañosos , o seu clima é mediterráneo con veráns cálidos , invernos temperados e precipitacións escasas . ( ver páx 173 )

As “ polis” gregas .-A Grecia antiga (s.X a.d.C. ata s.II d.d.C) estaba dividida en cidades – estado independentes chamadas “polis” que tiñan o seu propio territorio , aínda que todos falaban a mesma lingua e adoraban ós mesmos deuses . As polis máis importantes eran : Esparta e Atenas .

Os mitos e lendas .- Para explicar á poboación problemas que xurdían na vida , formas de comportamento , formas de entender o mundo e a relación entre os homes recorrían ós mitos , que narraban cousas que lles aconteceron ós deuses e ós heroes da cidade . Cada mito significaba unha forma de comportamento . Os gregos eran politeístas , tiñan un deus para cada unha das actividades da vida . ( libro recomendado : “Lendas e mitos da Antiga Grecia” ) .

Festas e celebracións na honra dos deuses .- Os deuses dicíase que vivían no Monte Olimpo que era un lugar cunha moi boa temperatura e un lugar marabilloso pero os gregos non podían subir alí porque lles podían pasar as peores cousas . Na honra dos deuses facían festas , como exemplo veremos dúas :

- Nunha dedicada á Deméter a deusa da fertilidade , as mulleres facían unha procesión e mesturaban carne de porco con sementes que espallaban polo campo ó mesmo tempo comían pebidas de granada que era a froita maldita .

- Noutra dedicada á deusa Atenea protectora de Atenas , había demostracións artísticas e deportivas e unha procesión na que as mozas levaban un vestido tecido por elas como ofrenda á deusa ( Panateneas ) A festa remataba cun sacrificio de bois e vacas para darlle de comer á toda a cidade de Atenas . Isto pasaba cada catro anos e chamábase a hecatombe .

Os oráculos e os templos.-

Os oráculos eran lugares onde os gregos consultaban cos deuses cousas que lles preocupasen como podía ser : o seu futuro ou o da cidade , falar cos antepasados , pedirlle consulta ós deuses...... . Despois de facer unha ofrenda e de dar diñeiro ou algún obxecto de valor ó oráculo , os sacerdotes ou sacerdotisas consultaban cos deuses e dábanlle unha resposta que se podía interpretar de varias maneiras .

Os templos eran edificios dedicados ós deuses que estaban na mellor zona da cidade . Este conxunto de templos chamábaselle , Acrópole . Os templos tiñan unha serie de columnas e unha cámara onde estaba a estatua do deus e na que non se podía entrar . Hoxe consérvase en aceptable estado o Partenón , dedicado á deusa Atenea .

A democracia ateniense .- O sistema político dos atenienses era a democracia ( goberno do pobo ) e tiña na Ágora o seu centro de actividade . A Ágora ó principio era unha explanada onde se celebraban feiras e mercados e tamén onde se reunían para discutir problemas da cidade e votar solucións os habitantes . Máis tarde foise rodeando de edificios ( tribunais , asemblea, local de xefes militares ,...) . Cando unha persoa conspiraba ou traizoaba á cidade era condenado ó ostracismo ( indiferencia ) Nas decisións da Asemblea non podían participar os estranxeiros , os escravos e as mulleres .

Diversións na Antiga Grecia .-

1. O teatro : celebrábase na primavera e ó principio eran dedicadas ó deus Dioniso . As representacións eran ó aire libre , duraban todo o día e a xente comía e bebía ó mesmo tempo que vía as representacións , había dous tipos de obras : comedias , que eran representacións cómicas e divertidas e traxedias , que trataban dolorosos problemas humanos e xeralmente non tiñan un bo final. As obras eran acompañadas por coros que cantaban e interpretaban que eran pagados polos coregas ( señores ricos da cidade )

2. Os xogos : eran competicións deportivas entre as polis . Había varios tipos de xogos : nemeos , píticos , ..... ,pero os máis importantes foron os olímpicos que se celebraban na cidade de Olimpia . Comezaron á celebrarse no s VIII a. de C. cada catro anos, duraban de cinco á sete días e so podían participar atletas das polis gregas e non podían entrar ó estadio as mulleres. Os atletas eran sometidos á unha forte preparación , competían espidos agás os das cuadrigas e os gañadores recibían unha coroa de oliveira pero na súa cidade eran considerados uns heroes e incluso escultores esculpían a súa figura que quedaba exposta na cidade . As probas eran : saltos , carreiras , lanzamentos , carreiras de cabalos , loita, ..........Deixaron de celebrarse no s. V d. de C.


Colonización grega .- A partir dos s. VIII e VII a. de C. , debido á falta de terras para traballar e ó desigual reparto da riqueza , moitos gregos marcharon a outras terras e estendéronse a través do Mediterráneo formando colonias independentes de Grecia e convivindo moitas veces coas tribos que atopaban . Na Península Ibérica formaron colonias , sobre todo no Mediterráneo . A máis importante foi, Ampurion ( Ampurias na provincia de Xirona )

Guerras Médicas e guerras de Peloponeso .-

1. Guerras Médicas : No s.V a. de C. , os persas intentaron conquistar Grecia o que fixo que se uniran tódalas polis e derrotaran ós persas nas batallas de Salamina e Marathón . Trala guerra Atenas converteuse na primeira potencia marítima debido a que Pericles , gobernador ateniense apoderouse do diñeiro que puxeran tódalas polis para evitar outro posible ataque persa .

2. Guerras do Peloponeso : Debido ó apoderamento de diñeiro por parte de Atenas , deu lugar no s.V a. de C. a un enfrontamento entre Atenas e Esparta que rematou co triunfo de Esparta.

3. No s. IV a. de C. Macedonia situada ó norte de Grecia , dirixida por Alexandre Magno conquistou todo Grecia agás Esparta ( ver páx. 179 )

4. No s.III a de C. Grecia pasou a pertencer ó Imperio romano .

Escultura e arquitectura grega .-

1. Escultura : ó principio os personaxes representábanse en actitude ríxida , pero máis adiante plasmaron na súa escultura a beleza humana representada polos atletas que gañaban probas nos xogos e figuras mitolóxicas .

2. Arquitectura : o seus edificios máis representativos foron os templos nos que non utilizaban bóvedas pero si moitas columnas . Había tres estilos arquitectónicos : dórico , xónico e corintio . ( ver páx 185,186 e 187).


Libro de texto: "Sociais" - 1º E.S.O. -Ed. Baía -A Nosa Terra

AS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS










Aparecen hai algo máis de 5000 anos co aumento de poboación ,aumento do comercio e a aparición das primeiras cidades xeralmente á carón dos ríos . Isto considérase o comezo da Idade Antiga.
As máis importantes son :
• A civilización exipcia ,en torno ó río Nilo ,en África .
• A civilización mesopotámica , entre os ríos Tigris e Éufrates , no sudoeste asiático .
• A civilización india , ó sur de Asia , á beira dos ríos Indo e Ganxes
• A civilización chinesa ,xunto ós ríos Amarelo e Azul , ó leste de Asia .











A CIVILIZACIÓN EXIPCIA........................................
http://www.youtube.com/watch?v=oVQVhTqjSRc&feature=fvw
VIDA
 Dedicábanse á agricultura e utilizaban canles para o regadío e animais para as labores agrícolas .Os principias cultivos eran : os cereais, vide e legumes .
 Tamén se dedicaban á gandería coa cría de ovellas e a artesanía de cerámica e vidro principalmente
SOCIEDADE
 O rei ou faraón ; era a máxima autoridade militar e relixiosa , vivía nun pazo e dirixía o exército .
 Os nobres e sacerdotes ; posuían grandes propiedades e desempeñaban cargos importantes na administración . Os sacerdotes encargábanse de coidar os templos e manter o culto .
 Os comerciantes e os escribas ; estes últimos recibían ensinanza e ocupaban cargos na administración
 Os campesiños ; cultivaban as terras das crases ricas, colaboraban na construcción de pirámides e formaban parte do exército
RELIXIÓN
 Eran politeístas , adoraban ós deuses en templos.
 Adoraban ó río Nilo e as vacas ,gatos e crocodilos
 Crían na vida despois da morte , pero a alma tiña que ir unida ó corpo por iso momificaban os cadáveres e os gardaban en sarcófagos.
CULTURA E ARTE
 Utilizan un tipo de escritura , ( xeroglífica ) , que representa o significado das palabras mediante figuras ou símbolos escritos en follas de papel chamados ,papiros .
 Destacan as pirámides ,que eran tumbas onde se enterraban os faraóns .
 Os templos de grandes dimensións , dedicados ós deuses
 As estatuas , que representaban figuras de faraóns e de deuses duna forma ríxida coas mans pegadas ó corpo
 Pinturas,que decoraban as tumbas e representan escenas da vida real.






A CIVILIZACIÓN MESOPOTÁMICA...

VIDA
 A maior parte da súa poboación era campesiña . Alimentábanse de pan ,legumes ,hortalizas e carnes de porco e ovella.
 As tarefas do campo marcaban a vida diaria ó longo do ano.
SOCIEDADE
 Cada cidade-estado estaba dirixido por un patesi ou príncipe-sacerdote ,que era a máxima autoridade .
 O patesi coordinaba todas as actividades desde o seu pazo e co tempo adoptou o título de rei.
 Detrás do patesi , estaban os funcionarios altos ( nobres , sacerdotes ) que administraban as posesións do templo e recadaban impostos .
 A crase intermedia formábana os comerciantes e funcionarios entre os que destacaban os escribas.
 Os campesiños e os artesáns formaban a crase baixa .
 Os escravos non tiñan dereitos e facían os peores traballos
RELIXIÓN
 Eran politeístas ,adoraban a moitos deuses que representaban con formas humanas.
 Cada deus tiña o seu templo , que eran consideradas coma as súas casas na Terra .
 Os templos estaban dirixidos por sacerdotes ,que administraban as súas riquezas e dirixían o culto .
 Os deuses recibían sacrificios de animais e prácticas máxicas.
ARTE E CULTURA
 Utilizaban na construcción adobe e ladrillo que cubrían de placas de cerámica , porque a pedra era moi escasa .
 As principias obras de arquitectura foron : os pazos ,que estaban rodeados de murallas e torres e os cigurats , que son construccións sagradas en forma de pirámide .
 Utilizaron un tipo de escritura chamada cuneiforme ,que consistía nuns símbolos en forma xeométrica que se escribían cunha cana sobre unhas taboíñas de barro.
 Con este tipo de escritura elaboraron un conxunto de leis , chamado o Código de Hammurabi .
CULTURAS MEDITERRÁNEAS........................................








http://www.youtube.com/watch?v=1kWvfmUkB7U


1. CIVILIZACIÓN CRETENSE

 Atópase no Mediterráneo Oriental na illa de Creta .
 Dedicáronse ó comercio polo Mediterráneo , exportaban cerámica e importaban minerais : estaño e cobre.
 Tiñan unha deusa da fertilidade e adoraban ó touro.
 No 1500 a. de C. un volcán destruíu a illa e rematou a civilizacións






2. CIVILIZACIÓN FENICIA
http://www.youtube.com/watch?v=XweUVighqwM
 Vivían nas costas do Mediterráneo Oriental , no que fundaron unha serie de cidades ( Cádiz , Sidón ,Cartago,...) .
 Dedicábanse ó comercio , vendían tecidos e perfumes e mercaban metais , peles e escravos .
 Inventaron a escritura alfabética ,que máis tarde sería aplicada por gregos e romanos .




http://www.youtube.com/watch?v=UhgEQH325kc


3. CIVILIZACIÓN ETRUSCA

 Situada no que é agora a Italia .
 Foron moi bos comerciantes ,e na súa cultura destacaron a música e a danza.
http://www.youtube.com/watch?v=776StGZxDnU
4 . CIVILIZACIÓN HEBREA

 Eran nómadas e vivían do pastoreo e estaban dirixidos por patriarcas como Abraham e Moisés que os dirixiu a Palestina .
 Os seus reis máis famosos foron : David , que estableceu a capital en Xerusalén ,e Salomón.
 Cren nun só deus que se chama Iahvé.

A PREHISTORIA





Prehistoria : estudia a vida da humanidade e os feitos anteriores á invención da escritura .

Divídese en dúas grandes etapas :
Paleolítico : que comprende desde a aparición do home na Terra fai 2.500.000 anos aproximadamente ata hai uns 12000 anos coa aparición da agricultura .
Neolítico : que comprende desde a aparición da agricultura fai aproximadamente 12.000 anos ata a aparición da escritura fai uns 5000 anos .
Historia : estudia os feitos e a vida da humanidade desde a aparición da escritura ata hoxe. Divídese en catro etapas :
Idade Antiga : que comprende desde a aparición da escritura fai 5000 anos ata a caída do Imperio Romano de Occidente no s.V d. C.
Idade Media : que comprende desde a caída do Imperio Romano no s. V d. C. ata o descubrimento de América no s.XV d. C.
Idade Moderna : que comprende desde o descubrimento de América no s. XV d. C ata a Revolución Francesa no s.XVIII d.C
Idade Contemporánea : que comprende desde a Revolución Francesa no s. XVIII d. C. ata hoxe .
O PALEOLÍTICO.........................................................................................................
1. Vida :
 Nas primeiras épocas alimentábanse de froitos salvaxes e raíces .
 Máis tarde descobren a caza e pesca .
 Nas primeiras épocas ían espidos pero máis tarde utilizan a pel dos animais para cubrirse .
 Fabricaban utensilios de óso ,pedra e madeira para cazar .
 Utilizan os primeiros machados de pedra moi pouco perfeccionados ( pedra tallada ) , para cortar carne e triturala .
 Descobren o lume que lles serve para quentarse ,dominar outras tribos e abrandar os alimentos .
 Comezan fai 90.000 anos a soterrar os mortos , ós que lles rendían culto .
 Aparecen nas covas que habitaban unha serie de pinturas relativas á caza ( pinturas rupestres )
2. Vivenda :
 Son nómadas non teñen vivenda fixa ,habitan covas e refuxios naturais e desprazánse dun lugar a outro en percura de comida .
 Ó remate do Paleolítico fan as primeiras chozas con paos , xestas e peles de animais.
O NEOLÍTICO..................................................................................................................
1. Vida :
 Descobren a agricultura aínda que seguen a practicar a caza .
 Inventan arados de madeira e instrumentos de labranza .
 Perfeccionan machadas e instrumentos para cortar ( pedra pulida )
 Domestican animais que lles serven para axudarlles nas tarefas agrarias .
 Tecen vestidos .
 Inventan a roda .
 Comezan a almacenar colleitas e a facer vaixelas de barro e outros obxectos .
 Inventan o arado tirado por animais e o muíño de man .
 Descobren a minería .Primeiro o cobre e o ouro que o utilizarían para adobíos , máis tarde o bronce ,utilizado para facer obxectos para almacenar cultivos e o ferro ,que serviu para utensilios de labranza e armas .
2. Vivenda :
 O home convertese en sedentario , establécese nun sitio fixo .
 Contrúe a súa propia vivenda e vive en pequenos poboados ou aldeas e utiliza para a vivenda os materiais da zona.
3. Monumentos megalíticos :
 Monumentos de pedra grandes dedicados unhas veces como monumentos funerarios e outras veces como culto ás forzas da natureza . Os máis importantes son:
• Menhir : Pedra grande chantada no chan .
• Crómlech : Menhires colocados en círculo .
• Dolmens : Pedras verticais tapadas por outras horizontais , dedicadas a enterrar os mortos .
• Sepulcros de corredor : dedicados a enterramentos colectivos .
• Mamaos ,medorras ou medoñas :que tiñan no interior unha cámara funeraria
CULTURA CASTREXA..........................................................................................

lunes, 15 de marzo de 2010

A ATMÓSFERA E OS CLIMAS



A Atmosfera .- Capa gasosa que envolve a Terra . Está composta por unha serie de gases : nitróxeno , osíxeno , dióxido de carbono , ozono e vapor de auga.
Capas da atmosfera .- A atmosfera divídese en capas :
Troposfera : capa máis baixa cunha anchura de 10 a 15 qms . Nela atópase o osíxeno , o dióxido de carbono e prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: choiva , vento,...
Estratosfera : capa que está entre os 12 e os 50 qms . Nela atópase a capa de ozono , que nos protexe das radiacións solares.
Termosfera : formadas por subcapas como : a ionosfera e a exosfera , que serve de filtro solar e serve para distribuír o calor e a humidade polo planeta .
Tempo e clima .-
1. Tempo atmosférico : Estado da atmosfera nun lugar e momentos determinados e que pode cambiar dun día para outro . Exemplo : o día que fai hoxe.
2. Clima : Situación meteorolóxica dun país ó longo de anos . Exemplo :o clima de Galicia que é atlántico.
Os elementos do clima son :
- Temperaturas : expresa a cantidade de calor que posúe o aire .Mídese co termómetro e nos mapas coas isotermas , que unen puntos coa mesma temperatura .
- Precipitacións :Cantidade de auga ( choiva , neve , sarabia ,... ) que cae nun lugar . Mídese co pluviómetro e represéntanse nun mapa coa isohietas , que unen puntos coas mesmas precipitacións.
- Presión atmosférica :Peso do aire sobre un punto da Terra expresado en milibares. Mídese co barómetro e represéntase nun mapa coas isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica . As altas presións chámanse anticiclóns e as baixas borrascas.
- Ventos : Masa de aire en movemento . A súa velocidade mídese co anemómetro e a súa dirección co viraventos.As masas de aire circulan pola atmosfera dando lugar a cambios de temperatura e de tempo .
- Humidade :Cantidade proporcional de vapor de auga que hai na atmosfera. Mídese co higrómetro
Clases de climas .............................................
Climas cálidos : localízanse na zona da Terra entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio . Teñen temperaturas altas e moita insolación .Os máis importantes son:
Clima ecuatorial
- Sitúase en torno ó ecuador, as súas temperaturas son elevadas cunha media arredor dos 25º
- Abundantes precipitacións .
- Unha estación única calorosa durante todo o ano
- A súa vexetación é a selva que está formada por unha masa enorme de árbores
- Ten unha fauna moi variada ( aves , primates ,réptiles de gran tamaño , insectos ,...)
Clima tropical
- Esténdense desde os límites do clima ecuatorial ata os trópicos.
- Ten dúas estacións : unha chuviosa e outra seca , abundantes precipitacións e altas temperaturas .
- A sabana e a xungla é a vexetación máis representativa. Vai diminuíndo a vexetación canto máis nos afastamos do ecuador , dando lugar a altas herbas.
- A fauna é variada , destacan : león ,cebra ,xirafa e gran cantidade de roedores e insectívoros.
Clima desértico
- Localízase nas proximidades nas proximidades dos Trópicos de Cancro E Capricornio.
- Caracterízase por escasas precipitacións.
- Polo día forte calor e pola noite temperaturas baixas.
- A vexetación é escasa , destacan :matos e cactos.
- A súa fauna é escasa , destacan :pequenos roedores , víboras,e algunhas aves.


Climas temperados: Esténdense entre os Círculos Polares e os trópicos. Destacan a diferencia de temperaturas entre as estacións .Os máis importantes son :
Clima mediterráneo
- Localízase na franxas marítimas de América , sur de Europa e Norte de África .
- Os invernos son moi suaves e os veráns cálidos.
- As precipitacións son irregulares e máis abundantes no inverno .
- A vexetación máis común son : árbores de folla perenne ( aciñeira , sobreira , piñeiro ) e plantas aromáticas ( romeo ,lavanda, esplego )
- Na fauna destacan : corzos,xabarís , lobos , raposos ,....
Clima oceánico
- Esténdese polas rexións costeiras , oeste de América e parte oeste de Europa( norte da Península Ibérica , norte e oeste de Francia Reino Unido....)
- Destaca pola abundancia de precipitacións ó longo do ano e veráns temperados e invernos non moi fríos.
- A súa vexetación destaca pola abundancia de árbores de folla caduca ( carballos , faias , castiñeiros , salgueiros ,...)
- Na fauna destacan :corzos ,xabarís , lobos,raposos..

Clima continental
- Localízase no interior dos continentes (centro leste de Europa e centro de Asia....)
- Destacan os veráns cálidos e invernos fríos e precipitacións moderadas sobre todo ó final do verán
- A vexetación máis abundante é o bosque boreal ( piñeiros , abetos , bidueiros ,...)e as praderías e estepas.
- Na fauna destacan : aves , raposos,londras , renos..

Climas fríos :Esténdense polas zonas de alta montaña e pola proximidade ós Círculos Polares.
- Destacan polas temperaturas moi frías de inverno ( -30º ou máis) e frías no verán .
- As precipitacións son escasas e en forma de neve.
- A vexetación típica é a tundra ( mofos , liques e plantas de baixo crecemento )
- Na fauna destacan :osos polares ,pingüíns , aves , cabras montesas,..
http://www.youtube.com/watch?v=JL82raPWj3Y

lunes, 8 de marzo de 2010

CONTINENTES E OCÉANOS





A Terra componse dunha parte sólida , que ocupa unha terceira parte da superficie , chamada terra . Ten seis continentes : Europa , América , Asia ,África , Oceanía e Antártida.; unha parte líquida , que ocupa os dous tercios da superficie , chamada hidrosfera e constituída por cinco océanos: Pacífico ,Índico , Atlántico , Glacial Ártico e Glacial Antártico e unha parte gasosa que a rodea chamada atmosfera.
Estructura interna da Terra .-
A Terra está formada por tres capas :
- A codia ; que é a parte máis superficial , na súa superficie orixínase o relevo e están as placas tectónicas .
- O manto ; que é a capa intermedia . De alí sae a lava dos volcáns .
- O núcleo ; é a capa máis interna da Terra e ten temperaturas elevadas.
Por debaixo da codia da Terra están as placas tectónicas , que son grandes bloques duns 100 qms de espesor e son as que provocan os terremotos ( cando chocan dúas placas ) , as faias (cando rompen e producen fendas na Terra) , as montañas ( cando preme unha placa contra outra ) e os volcáns .
Relevo da Terra .-
- As chairas ; son terreos planos cunha altitude non superior ós 200 m.
- Os vales ; son depresións nas que por algunhas delas circulan os ríos .
- As mesetas ; son superficies planas elevadas superiores ós 400 m.
- As montañas ; son elevacións do terreo producido polo choque de placas tectónicas . Cando rematan en pico , son montañas novas e cando rematan redondeadas pola erosión , son montañas vellas .
- As cordilleiras ; son un conxunto de montañas unidas .
- A plataforma continental ; é a prolongación dos continentes baixo as augas mariñas
- As chairas submarinas ; situadas a 4000 m. ou 5000 m. de profundidade .
- As cordilleiras submarinas ; poden cegar a ter 3000 m e incluso sobresaír , dando lugar a illas.
- Fosas mariñas ; a maior dela alcanza os 11.000 metros.
Os volcáns e os terremotos .-
· Os volcáns ; son gretas da codia terrestre pola que ascenden gases e rocha fundida do exterior da Terra . Expulsan : cinza , lava e materiais incandescentes.
· Os terremotos ; son sacudidas da cortiza terrestre producidas polo choque ou asentamento das placas tectónicas .
O punto onde se produce o terremoto no exterior da Terra , chámase epicentro e o do interior , chámase hipocentro
A intensidade do terremoto , mídese co sismógrafo e nunha escala chamada de Ritcher que vai do 1 ó 9 segundo a intensidade.
A erosión .-
O relevo da Terra vai cambiando moi lentamente debido á erosión producida por :
- Axentes externos , que modifican ó longo dos anos a codia terrestre . Os máis importantes son :
- As precipitacións ( auga , vento , xeo , ...) que provocan desgaste nas formas do relevo , transportando material orgánico dun lugar a outro .
- Os seres vivos ( animais e persoas ) que provocan cambios mediante os cultivos , construcción de estradas e camiños e modificación de montañas e desvío de canles de ríos .
· Axentes internos , que desde o interior da Terra fan modificacións da paisaxe . Os máis importantes son :
- Os volcáns , que forman montañas pola expulsión de lava .
-
Os terremotos , que orixinan cambios na codia terrestre debido ós movementos .
A Hidrosfera .-
É a capa líquida da Terra que ocupa 2/3 do planeta e está constituída por auga salgada que é o 97% do total e auga doce que representa o 3% aproximadamente .
-
Auga salgada , aparece nos mares e océanos . Os principais océanos son : Océano Pacífico , Océano Atlántico , Océano Índico , Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico .A auga do mar está en constante movemento , os principias movementos son :
-
As ondas , movemento superficial do mar producida polo vento .
-
As mareas , movementos oscilatorios das augas do mar producidos pola atracción da Lúa e do Sol e polo movemento de rotación .
-
As correntes mariñas , que son desprazamentos de grandes masas de auga mariña , unhas son superficiais e outras profundas.
·
Auga doce , aparece nos círculos polares , ríos , lagoas , augas subterráneas ,...
-
Os xeos continentais cobren os polos e o continente de Antártida .
-
Os ríos , que son correntes continuas de auga . Os ríos máis caudalosos atópanse na zona ecuatorial e tropical .
-
As lagoas , son acumulación de auga superficial en zonas da codia terrestre que se alimentan da choiva , fontes ou ríos.
-
Augas subterráneas , acumuladas no subsolo da Terra , que se alimentan da auga da choiva . A veces saen ó interior dando lugar a fontes.

O ciclo da auga .- A auga dos océanos , ríos e lagoas evapórase debido á calor do Sol e sube á atmosfera , alí arrefriase e condénsase caendo en forma de precipitacións de choiva , neve e sarabia sobre a Terra formando ríos , lagoas e bolsas de augas subterráneas ( acuíferos ).

O PLANETA TERRA





Terra .- É un planeta que forma parte do Universo . Xira arredor do Sol e sobre si mesma .  
                                                                                                                                                   Universo .- É un espacio infinito formado por galaxias , estrelas , planetas , satélites .

Galaxia .- É un conxunto de estrelas unidas pola gravidade . A Terra pertence á Vía Láctea .


Estrela .- É un corpo que ten luz e calor propias .
 O Sol é unha estrela .


Planeta .- É un astro que xira arredor dunha estrela e non ten luz nin calor . Os 

planetas, que xiran arredor do Sol, son segundo a súa proximidade ó Sol : Mercurio , Venus , Terra ( o único que ten vida ) , Marte , Xúpiter , Saturno , Urano , Neptuno , Plutón .
Satélite .- É un astro que xira arredor dos planetas e non ten luz nin calor . A Terra ten un satélite : a lúa .


Movementos da Terra .-
Movementos de rotación : movemento da Terra sobre o seu eixe de oeste a leste . Trae como consecuencia os días e as noites e tempo que tarda en dar a volta chámase día que está dividido en 24 espacios chamados , horas ou fusos horarios .
Movemento de translación : movemento da Terra arredor do Sol .Trae como consecuencia a sucesión das estacións , dura 365 días e 6 horas ( ano ) . Esas 6 horas acumúlanse cada 4 anos formando un novo día que se engade ó mes de Febreiro . Ese ano chámase ano bisesto .
As estacións son catro :
 Primavera : 21 de marzo ó 20 de xuño .
 Verán : 21 de xuño ó 22 de setembro .
 Outono : 23 de setembro ó 20 de decembro .
 Inverno : 21 de decembro ó 20 de marzo .
O 21 de xuño e o 21 de decembro os días e as noites alcanzan a máxima desigualdade .
O 21 de xuño é o día máis longo do ano e a noite máis curta e o 21 de decembro , é a
noite máis longa do ano e o día máis curto . Estas máximas desigualdades chámanse ,
solsticios .
O 21 de marzo e o 22 de setembro , os días e as noites acadan a máxima igualdade .
Esta máxima igualdade , chámanse equinoccios


Rede xeográfica .-
É o conxunto de liñas imaxinarias nas que se divide a Terra e que serven para localizar un punto .As liñas verticais chámanse , meridianos e as horizontais , paralelos .
 Meridiano : Semicírculo imaxinario que une os dous polos . Teñen 180º e o meridiano que sirve de referencia é o meridiano 0º ou de Greenwich .
 Paralelo : Círculos imaxinarios que rodean a Terra , perpendiculares ós meridianos . Teñen 360º . O paralelo 0º é o Ecuador , que divide a Terra en dúas partes chamados hemisferios , e outros son os Círculos Polares e os trópicos
 Latitude : Distancia entre un punto da Terra e o ecuador en dirección norte ou sur . Vai de 0º á 90º .
 Lonxitude : Distancia entre un punto da Terra e o meridiano 0º en dirección leste e oeste . Vai entre 0º e 180º .
 Fuso horario : parte da superficie da Terra limitada por dous meridianos . A Terra divídese en 24 fusos horarios de 15º cada un ( 360º:24 = 15º ) .Cada fuso horario á dereita é unha hora máis .
A escala .- É a representación nun mapa da realidade . A escala é de dous tipos :
 Escala gráfica :Expresa a distancia na realidade en quilómetros , medindo en centímetros sobre o mapa .
 Escala numérica : Exprésase cunha relación . Exemplo : 1: 50.000 , isto quere dicir que un centímetro no mapa son 50.000 na realidade. Cando nos mandan calcular 7 cms no mapa na realidade 7.50.000= 350.000 cms : 100.000 = 3,5 qms.