SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste
Mostrando entradas con la etiqueta vexetación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta vexetación. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de abril de 2010

GALICIA E ESPAÑA:CLIMAS



Clima e vexetación de España..................................................
España está situada na zona temperada da terra , pero caracterízase por unha grande variedade de climas . Os máis importantes son : oceánico , mediterráneo ,continental , de montaña e canario .
 Clima oceánico : esténdese polo norte de Navarra , País Vasco , Cantabria ,Asturias e Galicia . Caracterízase por precipitacións abundantes ó longo de todo o ano , invernos non moi fríos e veráns non moi cálidos . Media anual : 14º - 15º.
Vexetación : Bosque caducifolio ( de folla caduca ) formado por castiñeiros , carballos ,faias e badueiras .
Fauna : lobo , raposo , xabaril e unha extensa variedade de aves.
 Clima mediterráneo :esténdese pola zona sur e leste de España ( Cataluña Baleares, País Valenciano , Murcia , sur de Andalucía , Ceuta , Melilla e parte de Estremadura . Caracterízase por veráns cálidos e invernos temperados con medias anuais de 18º - 20º , poucas precipitacións sendo as máis abundantes a finais do verán .
Vexetación :Bosque perenniforme ( piñeiro , aciñeira , sobreira , oliveira e plantas olorosas como o esplego , a lavanda , o romeo ,...)
Fauna : raposo , lince , gato montes e variedade de aves .
 Clima continental :esténdese polo centro da Península ( Castela – León , Madrid , Castela – A Mancha , sur de Aragón , sur de Navarra , parte de Estremadura ,...) . Caracterízase polos veráns cálidos e os invernos fríos precipitacións a finais do verán pero escasas no conxunto do ano .
Vexetación :piñeiro , mato baixo , olmo ,chopo e algúns abetos .
Fauna :aves rapaces , raposo ,lobo , coello , lebre......
 Clima de montaña : esténdese polos Perineos ,serra Nevada ,cordilleira Cantábrica ,.... .Caracterízase por veráns fresco e invernos moi fríos sendo as precipitacións en forma de neve .
Vexetación : abetos e matos.
Fauna :voitre , aves rapaces , oso , rebeco , cabra montesa ,...
 Clima canario : esténdese polas Illas Canarias . Caracterízase por unha temperatura semellante durante todo o ano cunha media de 20º - 21º e escasas precipitacións .
Vexetación : piñeiro canario , drago e mato baixo .
Fauna : diversas especies de aves
http://www.youtube.com/watch?v=Uoj0TEVr6dM
Clima e vexetación de Galicia...................................................
Galicia está situada no cornello noroeste da Península Ibérica ,polo tanto o clima en xeral pódese considerar oceánico pero con variantes :
 Oceánico húmido :pola zona costeira con abundantes precipitacións e temperaturas máis suaves .
 Oceánico continental : polo interior de Lugo , Ourense , Pontevedra e A Coruña con invernos máis fríos e veráns máis cálidos .
 Oceánico mediterráneo : nos vales do río Sil e río Miño no sur da provincia de Lugo e parte leste de Ourense con veráns quentes e con menos chuvias
 Oceánico de montaña :nos Ancares , serra da Queixa e serra do Eixe no límite con Asturias , León e Zamora con invernos fríos e precipitacións en forma de neve
Vexetación : destacan as árbores de folla caduca ( bidueiro , amieiro ,freixo , castiñeiro , carballo , pradairo ,.....) ,matos nos que abunda o toxo , a xesta , carqueixa ,.... . Ultimamente pola acción do home aparecen os piñeiros e eucaliptos empregados para explotación da madeira .
Fauna :
• Aves : pegas , corvos ,aguias rateiras carrizos , pombos , bubelas ,.....
• Roedores : coellos , ratos , ...
• Mamíferos : raposos , xabarís , lobos , corzos , ........
• Réptiles :lagarto , víbora , cobra común , píntega ,......
http://www.youtube.com/watch?v=6UzO6_VH1Vw

lunes, 15 de marzo de 2010

A ATMÓSFERA E OS CLIMAS



A Atmosfera .- Capa gasosa que envolve a Terra . Está composta por unha serie de gases : nitróxeno , osíxeno , dióxido de carbono , ozono e vapor de auga.
Capas da atmosfera .- A atmosfera divídese en capas :
Troposfera : capa máis baixa cunha anchura de 10 a 15 qms . Nela atópase o osíxeno , o dióxido de carbono e prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: choiva , vento,...
Estratosfera : capa que está entre os 12 e os 50 qms . Nela atópase a capa de ozono , que nos protexe das radiacións solares.
Termosfera : formadas por subcapas como : a ionosfera e a exosfera , que serve de filtro solar e serve para distribuír o calor e a humidade polo planeta .
Tempo e clima .-
1. Tempo atmosférico : Estado da atmosfera nun lugar e momentos determinados e que pode cambiar dun día para outro . Exemplo : o día que fai hoxe.
2. Clima : Situación meteorolóxica dun país ó longo de anos . Exemplo :o clima de Galicia que é atlántico.
Os elementos do clima son :
- Temperaturas : expresa a cantidade de calor que posúe o aire .Mídese co termómetro e nos mapas coas isotermas , que unen puntos coa mesma temperatura .
- Precipitacións :Cantidade de auga ( choiva , neve , sarabia ,... ) que cae nun lugar . Mídese co pluviómetro e represéntanse nun mapa coa isohietas , que unen puntos coas mesmas precipitacións.
- Presión atmosférica :Peso do aire sobre un punto da Terra expresado en milibares. Mídese co barómetro e represéntase nun mapa coas isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica . As altas presións chámanse anticiclóns e as baixas borrascas.
- Ventos : Masa de aire en movemento . A súa velocidade mídese co anemómetro e a súa dirección co viraventos.As masas de aire circulan pola atmosfera dando lugar a cambios de temperatura e de tempo .
- Humidade :Cantidade proporcional de vapor de auga que hai na atmosfera. Mídese co higrómetro
Clases de climas .............................................
Climas cálidos : localízanse na zona da Terra entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio . Teñen temperaturas altas e moita insolación .Os máis importantes son:
Clima ecuatorial
- Sitúase en torno ó ecuador, as súas temperaturas son elevadas cunha media arredor dos 25º
- Abundantes precipitacións .
- Unha estación única calorosa durante todo o ano
- A súa vexetación é a selva que está formada por unha masa enorme de árbores
- Ten unha fauna moi variada ( aves , primates ,réptiles de gran tamaño , insectos ,...)
Clima tropical
- Esténdense desde os límites do clima ecuatorial ata os trópicos.
- Ten dúas estacións : unha chuviosa e outra seca , abundantes precipitacións e altas temperaturas .
- A sabana e a xungla é a vexetación máis representativa. Vai diminuíndo a vexetación canto máis nos afastamos do ecuador , dando lugar a altas herbas.
- A fauna é variada , destacan : león ,cebra ,xirafa e gran cantidade de roedores e insectívoros.
Clima desértico
- Localízase nas proximidades nas proximidades dos Trópicos de Cancro E Capricornio.
- Caracterízase por escasas precipitacións.
- Polo día forte calor e pola noite temperaturas baixas.
- A vexetación é escasa , destacan :matos e cactos.
- A súa fauna é escasa , destacan :pequenos roedores , víboras,e algunhas aves.


Climas temperados: Esténdense entre os Círculos Polares e os trópicos. Destacan a diferencia de temperaturas entre as estacións .Os máis importantes son :
Clima mediterráneo
- Localízase na franxas marítimas de América , sur de Europa e Norte de África .
- Os invernos son moi suaves e os veráns cálidos.
- As precipitacións son irregulares e máis abundantes no inverno .
- A vexetación máis común son : árbores de folla perenne ( aciñeira , sobreira , piñeiro ) e plantas aromáticas ( romeo ,lavanda, esplego )
- Na fauna destacan : corzos,xabarís , lobos , raposos ,....
Clima oceánico
- Esténdese polas rexións costeiras , oeste de América e parte oeste de Europa( norte da Península Ibérica , norte e oeste de Francia Reino Unido....)
- Destaca pola abundancia de precipitacións ó longo do ano e veráns temperados e invernos non moi fríos.
- A súa vexetación destaca pola abundancia de árbores de folla caduca ( carballos , faias , castiñeiros , salgueiros ,...)
- Na fauna destacan :corzos ,xabarís , lobos,raposos..

Clima continental
- Localízase no interior dos continentes (centro leste de Europa e centro de Asia....)
- Destacan os veráns cálidos e invernos fríos e precipitacións moderadas sobre todo ó final do verán
- A vexetación máis abundante é o bosque boreal ( piñeiros , abetos , bidueiros ,...)e as praderías e estepas.
- Na fauna destacan : aves , raposos,londras , renos..

Climas fríos :Esténdense polas zonas de alta montaña e pola proximidade ós Círculos Polares.
- Destacan polas temperaturas moi frías de inverno ( -30º ou máis) e frías no verán .
- As precipitacións son escasas e en forma de neve.
- A vexetación típica é a tundra ( mofos , liques e plantas de baixo crecemento )
- Na fauna destacan :osos polares ,pingüíns , aves , cabras montesas,..
http://www.youtube.com/watch?v=JL82raPWj3Y