SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste
Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta auga. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de marzo de 2010

CONTINENTES E OCÉANOS





A Terra componse dunha parte sólida , que ocupa unha terceira parte da superficie , chamada terra . Ten seis continentes : Europa , América , Asia ,África , Oceanía e Antártida.; unha parte líquida , que ocupa os dous tercios da superficie , chamada hidrosfera e constituída por cinco océanos: Pacífico ,Índico , Atlántico , Glacial Ártico e Glacial Antártico e unha parte gasosa que a rodea chamada atmosfera.
Estructura interna da Terra .-
A Terra está formada por tres capas :
- A codia ; que é a parte máis superficial , na súa superficie orixínase o relevo e están as placas tectónicas .
- O manto ; que é a capa intermedia . De alí sae a lava dos volcáns .
- O núcleo ; é a capa máis interna da Terra e ten temperaturas elevadas.
Por debaixo da codia da Terra están as placas tectónicas , que son grandes bloques duns 100 qms de espesor e son as que provocan os terremotos ( cando chocan dúas placas ) , as faias (cando rompen e producen fendas na Terra) , as montañas ( cando preme unha placa contra outra ) e os volcáns .
Relevo da Terra .-
- As chairas ; son terreos planos cunha altitude non superior ós 200 m.
- Os vales ; son depresións nas que por algunhas delas circulan os ríos .
- As mesetas ; son superficies planas elevadas superiores ós 400 m.
- As montañas ; son elevacións do terreo producido polo choque de placas tectónicas . Cando rematan en pico , son montañas novas e cando rematan redondeadas pola erosión , son montañas vellas .
- As cordilleiras ; son un conxunto de montañas unidas .
- A plataforma continental ; é a prolongación dos continentes baixo as augas mariñas
- As chairas submarinas ; situadas a 4000 m. ou 5000 m. de profundidade .
- As cordilleiras submarinas ; poden cegar a ter 3000 m e incluso sobresaír , dando lugar a illas.
- Fosas mariñas ; a maior dela alcanza os 11.000 metros.
Os volcáns e os terremotos .-
· Os volcáns ; son gretas da codia terrestre pola que ascenden gases e rocha fundida do exterior da Terra . Expulsan : cinza , lava e materiais incandescentes.
· Os terremotos ; son sacudidas da cortiza terrestre producidas polo choque ou asentamento das placas tectónicas .
O punto onde se produce o terremoto no exterior da Terra , chámase epicentro e o do interior , chámase hipocentro
A intensidade do terremoto , mídese co sismógrafo e nunha escala chamada de Ritcher que vai do 1 ó 9 segundo a intensidade.
A erosión .-
O relevo da Terra vai cambiando moi lentamente debido á erosión producida por :
- Axentes externos , que modifican ó longo dos anos a codia terrestre . Os máis importantes son :
- As precipitacións ( auga , vento , xeo , ...) que provocan desgaste nas formas do relevo , transportando material orgánico dun lugar a outro .
- Os seres vivos ( animais e persoas ) que provocan cambios mediante os cultivos , construcción de estradas e camiños e modificación de montañas e desvío de canles de ríos .
· Axentes internos , que desde o interior da Terra fan modificacións da paisaxe . Os máis importantes son :
- Os volcáns , que forman montañas pola expulsión de lava .
-
Os terremotos , que orixinan cambios na codia terrestre debido ós movementos .
A Hidrosfera .-
É a capa líquida da Terra que ocupa 2/3 do planeta e está constituída por auga salgada que é o 97% do total e auga doce que representa o 3% aproximadamente .
-
Auga salgada , aparece nos mares e océanos . Os principais océanos son : Océano Pacífico , Océano Atlántico , Océano Índico , Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico .A auga do mar está en constante movemento , os principias movementos son :
-
As ondas , movemento superficial do mar producida polo vento .
-
As mareas , movementos oscilatorios das augas do mar producidos pola atracción da Lúa e do Sol e polo movemento de rotación .
-
As correntes mariñas , que son desprazamentos de grandes masas de auga mariña , unhas son superficiais e outras profundas.
·
Auga doce , aparece nos círculos polares , ríos , lagoas , augas subterráneas ,...
-
Os xeos continentais cobren os polos e o continente de Antártida .
-
Os ríos , que son correntes continuas de auga . Os ríos máis caudalosos atópanse na zona ecuatorial e tropical .
-
As lagoas , son acumulación de auga superficial en zonas da codia terrestre que se alimentan da choiva , fontes ou ríos.
-
Augas subterráneas , acumuladas no subsolo da Terra , que se alimentan da auga da choiva . A veces saen ó interior dando lugar a fontes.

O ciclo da auga .- A auga dos océanos , ríos e lagoas evapórase debido á calor do Sol e sube á atmosfera , alí arrefriase e condénsase caendo en forma de precipitacións de choiva , neve e sarabia sobre a Terra formando ríos , lagoas e bolsas de augas subterráneas ( acuíferos ).