SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste
Mostrando entradas con la etiqueta Polis. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Polis. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de marzo de 2010

O MUNDO ANTIGO : GRECIA



HISTORIA

Situación.- Grecia está situada no sur de Europa , entre o Mar Exeo e o Mar Xónico , na Península Balcánica con abundancia de sistemas montañosos , o seu clima é mediterráneo con veráns cálidos , invernos temperados e precipitacións escasas . ( ver páx 173 )

As “ polis” gregas .-A Grecia antiga (s.X a.d.C. ata s.II d.d.C) estaba dividida en cidades – estado independentes chamadas “polis” que tiñan o seu propio territorio , aínda que todos falaban a mesma lingua e adoraban ós mesmos deuses . As polis máis importantes eran : Esparta e Atenas .

Os mitos e lendas .- Para explicar á poboación problemas que xurdían na vida , formas de comportamento , formas de entender o mundo e a relación entre os homes recorrían ós mitos , que narraban cousas que lles aconteceron ós deuses e ós heroes da cidade . Cada mito significaba unha forma de comportamento . Os gregos eran politeístas , tiñan un deus para cada unha das actividades da vida . ( libro recomendado : “Lendas e mitos da Antiga Grecia” ) .

Festas e celebracións na honra dos deuses .- Os deuses dicíase que vivían no Monte Olimpo que era un lugar cunha moi boa temperatura e un lugar marabilloso pero os gregos non podían subir alí porque lles podían pasar as peores cousas . Na honra dos deuses facían festas , como exemplo veremos dúas :

- Nunha dedicada á Deméter a deusa da fertilidade , as mulleres facían unha procesión e mesturaban carne de porco con sementes que espallaban polo campo ó mesmo tempo comían pebidas de granada que era a froita maldita .

- Noutra dedicada á deusa Atenea protectora de Atenas , había demostracións artísticas e deportivas e unha procesión na que as mozas levaban un vestido tecido por elas como ofrenda á deusa ( Panateneas ) A festa remataba cun sacrificio de bois e vacas para darlle de comer á toda a cidade de Atenas . Isto pasaba cada catro anos e chamábase a hecatombe .

Os oráculos e os templos.-

Os oráculos eran lugares onde os gregos consultaban cos deuses cousas que lles preocupasen como podía ser : o seu futuro ou o da cidade , falar cos antepasados , pedirlle consulta ós deuses...... . Despois de facer unha ofrenda e de dar diñeiro ou algún obxecto de valor ó oráculo , os sacerdotes ou sacerdotisas consultaban cos deuses e dábanlle unha resposta que se podía interpretar de varias maneiras .

Os templos eran edificios dedicados ós deuses que estaban na mellor zona da cidade . Este conxunto de templos chamábaselle , Acrópole . Os templos tiñan unha serie de columnas e unha cámara onde estaba a estatua do deus e na que non se podía entrar . Hoxe consérvase en aceptable estado o Partenón , dedicado á deusa Atenea .

A democracia ateniense .- O sistema político dos atenienses era a democracia ( goberno do pobo ) e tiña na Ágora o seu centro de actividade . A Ágora ó principio era unha explanada onde se celebraban feiras e mercados e tamén onde se reunían para discutir problemas da cidade e votar solucións os habitantes . Máis tarde foise rodeando de edificios ( tribunais , asemblea, local de xefes militares ,...) . Cando unha persoa conspiraba ou traizoaba á cidade era condenado ó ostracismo ( indiferencia ) Nas decisións da Asemblea non podían participar os estranxeiros , os escravos e as mulleres .

Diversións na Antiga Grecia .-

1. O teatro : celebrábase na primavera e ó principio eran dedicadas ó deus Dioniso . As representacións eran ó aire libre , duraban todo o día e a xente comía e bebía ó mesmo tempo que vía as representacións , había dous tipos de obras : comedias , que eran representacións cómicas e divertidas e traxedias , que trataban dolorosos problemas humanos e xeralmente non tiñan un bo final. As obras eran acompañadas por coros que cantaban e interpretaban que eran pagados polos coregas ( señores ricos da cidade )

2. Os xogos : eran competicións deportivas entre as polis . Había varios tipos de xogos : nemeos , píticos , ..... ,pero os máis importantes foron os olímpicos que se celebraban na cidade de Olimpia . Comezaron á celebrarse no s VIII a. de C. cada catro anos, duraban de cinco á sete días e so podían participar atletas das polis gregas e non podían entrar ó estadio as mulleres. Os atletas eran sometidos á unha forte preparación , competían espidos agás os das cuadrigas e os gañadores recibían unha coroa de oliveira pero na súa cidade eran considerados uns heroes e incluso escultores esculpían a súa figura que quedaba exposta na cidade . As probas eran : saltos , carreiras , lanzamentos , carreiras de cabalos , loita, ..........Deixaron de celebrarse no s. V d. de C.


Colonización grega .- A partir dos s. VIII e VII a. de C. , debido á falta de terras para traballar e ó desigual reparto da riqueza , moitos gregos marcharon a outras terras e estendéronse a través do Mediterráneo formando colonias independentes de Grecia e convivindo moitas veces coas tribos que atopaban . Na Península Ibérica formaron colonias , sobre todo no Mediterráneo . A máis importante foi, Ampurion ( Ampurias na provincia de Xirona )

Guerras Médicas e guerras de Peloponeso .-

1. Guerras Médicas : No s.V a. de C. , os persas intentaron conquistar Grecia o que fixo que se uniran tódalas polis e derrotaran ós persas nas batallas de Salamina e Marathón . Trala guerra Atenas converteuse na primeira potencia marítima debido a que Pericles , gobernador ateniense apoderouse do diñeiro que puxeran tódalas polis para evitar outro posible ataque persa .

2. Guerras do Peloponeso : Debido ó apoderamento de diñeiro por parte de Atenas , deu lugar no s.V a. de C. a un enfrontamento entre Atenas e Esparta que rematou co triunfo de Esparta.

3. No s. IV a. de C. Macedonia situada ó norte de Grecia , dirixida por Alexandre Magno conquistou todo Grecia agás Esparta ( ver páx. 179 )

4. No s.III a de C. Grecia pasou a pertencer ó Imperio romano .

Escultura e arquitectura grega .-

1. Escultura : ó principio os personaxes representábanse en actitude ríxida , pero máis adiante plasmaron na súa escultura a beleza humana representada polos atletas que gañaban probas nos xogos e figuras mitolóxicas .

2. Arquitectura : o seus edificios máis representativos foron os templos nos que non utilizaban bóvedas pero si moitas columnas . Había tres estilos arquitectónicos : dórico , xónico e corintio . ( ver páx 185,186 e 187).


Libro de texto: "Sociais" - 1º E.S.O. -Ed. Baía -A Nosa Terra