SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste
Mostrando entradas con la etiqueta Rómulo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rómulo. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de marzo de 2010

O MUNDO ANTIGO : ROMA

Orixes .- Hai tres teorías sobre a orixe da cidade de Roma que máis tarde deu lugar a un gran imperio . Para isto situámonos no s. VIII a. de C.,e veremos dúas teorías míticas e unha máis real :
1. Eneas , heroe da guerra de Troia de onde fuxiu levándose os deuses da cidade e chegou a Italia onde casou coa filla do rei de Latio e quedou nomeado rei .
2. Rómulo e Remo , netos do rei Numitor , foron abandonados no río Tíber polo seu tío , que pretendía o trono , pero salváronse milagrosamente das augas e unha loba aleitounos . Xa de maiores quixeron fundar unha cidade onde se salvaran e consultaron ós deuses que nomearon rei a Rómulo que trazou o primeiro recinto da cidade cun arado tirado por bois e no lugar onde levantaba o arado irían as portas da cidade . Remo saltou a muralla simbólica e Rómulo matouno , quedando como rei único .





3. Desde o punto de vista histórico , a orixe pode estar na unión de varias aldeas , desde aí o dominio da cidade vaise estendendo pola Península Itálica . Coa fundación da cidade comeza unha historia de 12 séculos . Roma conquistou a Península Itálica e toda a beira do Mediterráneo .

Etapas no goberno de Roma .
- Na primeira etapa era unha monarquía aconsellada por un senado e unha Asemblea popular .
- No s. VI a. de C. instaurouse a República formada por polas asembleas populares formadas por un conxunto de cidadáns , o Senado composto por 300 das crases nobres e os maxistrados ( cónsules e censores ) , que exercían as funcións de xustiza e fachenda .















Sociedade romana durante a República
.- A sociedade romana estaba constituída por dous grupos :
Os patricios , que formaban a crase privilexiada , posuían a maior parte das terras e desempeñaban os cargos máis importantes .
Os plebeos , que formaban a maior parte da poboación ,eran pequenos comerciantes , artesáns e pequenos propietarios agrícolas , tiñan poucos dereitos e pagaban impostos . Isto provocou enfrontamentos entre as dúas crases , o que trouxo como consecuencia que o Senado creara novos maxistrados , o tribunos da plebe ,que tiñan como misión velar polos intereses dos plebeos.

A muller na Roma antiga .- Non tiñan dereitos políticos , estaban baixo o dominio dos homes , o home decidía o que facer cos fillos , eran casadas polos pais pero podían divorciarse.

Expansión de Roma .-
• Instaláronse en toda a Península Itálica , despois de derrotar ós galos no Norte , latinos no Centro e ós gregos no Sur.
• Durante os s. III e II a. de C. , Roma logrou dominar todo o Mediterráneo despois de derrotar ós cartaxineses nas Guerra Púnicas .( ver páx 197 )
• Nos s. II e I a. de C. co Octavio César Augusto e Tráxano o Imperio romano alcanza a súa máxima expansión , e dividido en provincias que pagaban impostos a Roma . ( ver mapa páx. 200 ) .
• No s. III d. de C. debido as loitas internas o imperio sufriu unha profunda crise , as cidades empobrecéronse ,as fronteiras fixéronse máis inseguras pola presión dos pobos bárbaros o que fixo que o estado e o comercio se empobrecese.
• No s. V á morte do emperador Teodosio o Imperio quedou dividido en dous : Imperio Romano de Occidente , a súa capital seguía a ser Roma e o Imperio Romano de Oriente con capital en Constantinopla ( hoxe Istambul )
• Durante o s. V de C. ,os pobos chamados “bárbaros” ( estranxeiros ) polos romanos ( visigodos , ostrogodos , suevos , francos , alanos , vándalos ,...) aproveitaron a debilidade do Imperio e foron asentándose nos seus territorio ata conquistalo o que fixo que fose deposto o último emperador . Así rematou o Imperio Romano de Occidente . ( Ver mapa páx202 e 203) O Imperio Romano de Oriente duraría 1000 anos máis.


Relixión en Roma .- Os romanos eran politeístas ,tiñan deuses para as actividades da vida ós que lles construían templos , facíanlles ofrendas e consultábanlle cousas da vida ( augurios ) . Moitos destes deuses eran de procedencia grega co nome cambiado . Ex : Xúpiter por Zeus , Venus por Afrodita , Vulcano por Hefesto, Baco por Dioniso ,..... ( ver páx. 219) Outros son de procedencia oriental . Ex: Cibeles , Mercurio ,... No s. VIII da época romana xurde unha relixión monoteísta no Oriente Medio , o Cristianismo . Esta relixión foi estendida por todo o Imperio polos discípulos de Xesucristo e no s. II d. de C. xa estaba estendida por todo o Imperio . Esta relixión foi moi perseguida por algúns emperadores ( Calígula, Nerón , Diocleciano ...) porque non aceptaban o culto ó emperador e considerábana un perigo para o Imperio . No s. IV foi declarada relixión oficial polo emperador Constantino.


Economía de Roma .-
Agricultura : cultivos de trigo , vide , oliveira , hortalizas e froitas . Utilizaron técnicas de regadío coma encoros e instrumentos como o arado e muíños .
Gandería :cría de ovellas ,cabras ,vacas e cabalos .
Industria : elaboración de cerámica , obxectos de vidro ,fabricación de armas , industria téxtil e construcción de edificios e vías .
Minería : as minas estaban traballadas por escravos , utilizaron técnicas novas . As principias minas eran de :cobre , prata ,ouro , chumbo e ferro.
Comercio : Utilizaron unha rede comercial a través do Mediterráneo o que obrigou a construír unha rede de portos . Para o comercio por terra , construíron unha serie de vías ou calzadas que unían todo o territorio e servían tamén para o transporte militar. Traían productos agrícolas das provincias exportaban de Roma productos industriais. Utilizaron un sistema monetario.
Foro romano .- Era o centro máis importante da vida romana . Nas primeiras épocas estaba destinado a feiras e mercados e a negocios pero desde o s.II transformouse porque se construíron templos, pórticos , arcos de triunfo , columnas conmemorativas e residencias para estranxeiros . Tamén había tribunais ,asembleas do pobo de Roma , sesións do Senado , execucións públicas e desfiles militares.


Obras públicas .-
Os acueductos e viaductos; eran canles de auga que se levaban ás minas , ás cidades,..... .Cando tiñan que salvar desniveis construían pontes por onde pasaba a auga .
Os sumidoiros ; debido á grande cantidade de habitantes dalgunha cidade , foi necesario facer un sistema de evacuación de augas residuais.
Os portos ; debido a cantidade de comercio a través do Mediterráneo foi necesario a construcción de portos con diques ,faros e almacéns . O máis importante foi o de Ostia preto de Roma.
Vías e calzadas ; que serviron para establecer unha rede de comercio por terra e tamén para o transporte de soldados e material militar.
Murallas ; as cidades que eran prazas militares foron fortificadas para a súa protección en caso de ataque.


Diversión na antiga Roma.-
O teatro ; facíanse representacións ó aire libre de traxedias , comedias e relacionadas coas victorias militares . Baseábase no teatro grego .
As termas ; Eran baños públicos . Tiñan sas para baños quentes e fríos , para reunións , para masaxes , xardíns para pasear , .... Os homes e as mulleres tiñan dependencias distintas.
Os anfiteatros ; eran de forma circular ou ovalada . Estaban destinados as loitas entre gladiadores , gladiadores con feras ou feras entre si . Había tamén escola de gladiadores , lugar para gardar as feras e almacéns.


Cultura romana .-
Letras ; o latín ,que era a lingua falada polos romanos ,deu orixe posteriormente a outras linguas chamadas romances ou románicas : italiano , francés , galego , catalán , castelán ,.... Tamén tivo importancia o dereito romano ( código civil romano ) que aínda hoxe se estudia nas universidades
Arquitectura ; Utilizan o arco e a bóveda e columnas como adornos no seus edificios . A maior parte dos edificios eran de planta rectangular ( ver páx 220- 223)
Escultura e pintura ; as manifestacións escultóricas son o retrato e o relevo histórico para reproducir feitos históricos . Tamén destacan os arcos de triunfo , as estatuas e as columnas Atopáronse pinturas e mosaicos en moitos pazos , este último na decoración de paredes e chans.

Os romanos na Península Ibérica .-

Chegaron á Península Ibérica no s. III a. de C. e despois de someter a resistencia dos pobos celtiberos que había na Península , conseguiron dominala no s.I a. de C. ( ver páx 232 )

Chamáronlle , Hispania Dividiron a Península en provincias ( ver páx 2o1) e trazaron unha rede de calzadas que lles serviron para desprazar as lexións e para levar as abundantes materias primas cara a Roma ( páx. 211).

A parte NO da Península ata a desembocadura do río Douro , chamáronlle Gallaecia e dividírona en tres demarcacións territoriais chamadas , conventos : Conventus Lucensis cuxa capital era Lucus Augusta ( Lugo ) , Conventus Asturum cuxa capital era Astúrica Augusta ( Astorga ) e Conventus Bracaraugustanus , capital Braccara Augusta ( Braga )

Durante a súa estancia en Galicia cambiaron a forma de vida , ata esa época os habitantes vivían en castros , para asentarse nas chairas e beiras dos ríos.


Tamén trouxeron moedas que utilizaban no intercambio e utilizaban lápidas funerarias nas que pedían a protección dos deuses para os seus mortos , que foron asimiladas polos habitantes que vivían en Galicia .

Consultar:"Sociais"1º E.S.O.-Baía Edicións A Nosa Terra