SAÚDOS

Benvidos ó blog e que vos sirva para acadar unha mínima información desta materia .¡Agardo que vos guste

miércoles, 27 de octubre de 2010

O IMPERIO DE BIZANCIO

A Idade Media .- Período comprendido entre o século V ( caída do Imperio Romano ) e o século XV ( descubrimento de América )
Caída do Imperio romano .-
 No século V , os pobos bárbaros do Norte de Europa desprázanse cara ó Sur e comezan a invadir territorios do Imperio .
 No ano 476 desaparece o último emperador romano e o Imperio queda dividido en reinos.
 Os principias reinos foron .: visigodos ( centro e sur da Península Ibérica ) ,suevos ( Norte de Portugal e Galicia ) , francos ( Francia e centro de Europa ) , lombardos ( norte de Italia e Austria ) , bretóns e saxóns ( norte de Europa ) , vándalos ( Norte de África e sur de Europa ) ,.....
Orixes do Imperio de Bizancio .-
 Despois da morte do emperador Teodosio ( ano 375 ) , o imperio romano quedou dividido en dous :
Imperio romano de Occidente, a súa capital era Roma, que se estendía por Europa e Norte de África que desaparece invadido polos pobos bárbaros ( s. V )
Imperio romano de Oriente , a súa capital era Constantinopla que hoxe se chama Istambul , que se estendeu por parte de Asia , parte de África e leste de Europa que se chamou o Imperio de Bizancio e durou ata o século XV
Xustiniano . s. VI ( 527 – 565 )
 Soñou con reconstruír o antigo imperio romano .
 Conquistou o Norte de África ós vándalos , Italia ós ostrogodos e o surleste de Hispania ós visigodos.
 Fixo cumprir duna forma clara as leis romanas e protexeu a cultura.
Organización do Imperio de Bizancio .-
 Os emperadores gobernaron cun poder absoluto . Eran considerados como persoas divinas .
 O seu territorio quedou dividido en grandes territorios dirixidos por un gobernador .
 A sociedade estaba organizada en varias clases sociais :
- A nobreza ; que posuía grandes propiedades agrícolas e ocupaba altos cargos na administración .
- Os comerciantes e campesiños ; que se dedicaban ó comercio de sedas ,especias ,obxectos de luxo e a agricultura respectivamente .
- Os servos e escravos ; que cultivaban as terras e traballaban nas casa para a nobreza .
A Igrexa .-
 Tivo unha forte influencia e poder na sociedade bizantina.
 No século VIII e IX houbo fortes enfrontamentos , pola decisión dalgúns emperadores de prohibir o culto ás imaxes relixiosas , entre defensores e destructores de imaxes ( loitas iconoclastas ) .
 No s.XI , houbo unha división na igrexa cristiá ,a igrexa de oriente deixou de obedecer ó Papa pasando a obedecerlle ó patriarca de Constantinopla adoptando o nome de Igrexa Ortodoxa .
Arte .-
 Arquitectura : Utilizaron o arco sostido por columnas , no exterior utilizaron ladrillo con placas de mármore e no interior mosaicos . O monumento máis importante foi a basílica de Santa Sofía
 Escultura e pintura :Abordan xeralmente temas relixiosos con imaxes de Xesucristo da Virxe e dos santos .

No hay comentarios:

Publicar un comentario